[p. 18]
A casa da Cabanexa chamábase así, porque a
abóa de Mingas viñera do lugar de Cabanas à casar alí e saiu unha muller tan facendosa e tan gobernadora, que desempeñou a casa, medeo
acabada pol-os preitos, que tivera pol-a propiedade sobre da auga d'un
prado. O fin y a postre ganaron o preito, que ó fixeron estirar algús
anos os da curea, e, qu'apesar de ganalo entre voltas e revoltas,
direitos d'escribanos e percuradores e regaliños pr'aqui e pr'alí,
porque n'estas andromenas o carro non anda sinon se unta ben o eixe,
vineron á gastar pra comprar unha ducea de prados com'o do preito.
Así é qu'a Cabanexa, aunque lle quixesen
armar quimerea por calquer cousa, trataba d'amañala d'outra maneira, e
non quería ter nada que ver cos da curea. Tiñalle tanto medo, como si
vira entrar os ladrós pol a porta.
Poucos anos estivo casada, e non tivo familea
hastro o últemo.
Cando, por fin, había señales de que Dios
bendicia o seu matrimoneo, facendo qu'a fror non se perdese sin
convertirse en fruto, e todo respiraba pracer e contento n-aquela casa,
veu unha tarde o home, d'arada, trembrando co frío. Achegou ó escano
á lareira y empezou á meter toxos, xestas e canipas, hastra facer unha
gran fugueirada; pero, por mais que fixo, non logrou entrar en calor. Amañoull'a
muller, n'un credo, unhas sopas de
[p. 19]
manteiga, qu'as engulliu fervendo, e nin por esas; quixo dar algo ó
gado, pero ó ver que se bambeaba e que non lle rexía a cabeza, volveu
à sentarse no banco e dixolles ós que viñeran co èl do traballo:
Descantiá que non sei ó qu'é ter unha hora
de mal; pero teño unha maza, que me está desfacendo a cabeza y as
costas, e d'esta non saio, si Dios non ó remedea.
Non digas eso, home, non digas eso, que me pos
medo solo con oirte, non ha de ser nada, si Dios quer, vaite à cama e
dareiche unhas fregas co-a estopa que inda veu hoxe da urda e
cubrireiche dempois as costas con mel e sal moído; xa verás como
mañá te ergues bon.
Non sei porqué me parece que non ha de valer
nada todo eso pro meu mal.
Entón, desgraciadiña de min, era millor que
me enterraran contigo, dixo a muller, empezando a porse triste.
Cala, muller, cala respondeull'o home por
consolala terei ou non terei duda; pero si vivo e tí me trás un fillo
y a besta una mula, non me troco por ninguén que haxa no curato.
Dixo esto
largándose pra cama, que, según contan, estaba na mesma cuciña,
metida n'unha especie de lacena, c'unha sola porta pra subir e baixar d'ela
Inda hoxe se ve à miudo pol-as aldeas, en
casas regularmente acomodadas, que teñen os cuartos ocupados con huchas
de pan ou con rastas de millo y a cama de dormir fana na cuciña, porque
din que non se sinte tanto o friu como arriba. A verdá é que, como non
acostuman á ter vidrieiras nas ventanas, sinon qu'as cerran de noite co
as contras aseguradas por drento con unha tranca, e como ò úneco fayo
son os cangos que teñen conta das lousas ou das tellas, resulta
[p. 20]
que nos cuartos das aldeas pouco
menos se sinte a xiada no inverno,
que fora.
Por eso os patrós, en moitas casas, queren
dormir ó pé da lareira, e por eso tamén acostuman à meter a cama
n'esa especie de lacena, segun levo dito, e pra sacar á humedá do lado
da parede, fan á maneira d'unha sebe, feita con pallas, qu'espetan nas
pedras, á que Ile chaman esteira.
Este modo de encerral'as camas, nas alcobas, é
muy malo pra saúde; porque, como dormen en tan pouco espaceo duas
presoas, ás poucas horas, teñen que respirar por forza un aire viceado
e malsano. E si ben é certo que, cando hay saúde, compénsase co aire
puro que se respira pol-o día o que se respirou de noite, nos casos
d'enfermedá, como non se pode deixal-a cama, aumenta a quentura do
aire o ardor da frebe. Por outra parte si unha herba, qu'está donde lle
dá de cote o sol a poñen de modo qu'esteña sempre á sombra, logo
se rebelleze y-acaba por morrer, y asi lles pasa tamén ós que caen
enfermos n'unha d'esas camas, donde nunca entra outra craridá que a do
candil ou da vela, pois un pequeno mal tarda mais en curar que s'a cama
estivese n-un siteo craro.
D'unha cousa n-outra, funme separando do
camiño, que levaba, e pr'arrematar d'unha vez, direi que d'aquel mal
morreulle o home á aboa de Mingas, pro os dous meses, trouxo ela un
neno ya besta pariu unha mula.
O abó de Mingas deixaba dous hermaus mais
novos, pro, por mais que fixo o mais bello, non logrou casarse co-a
cuñada, que Ile gardou fè ó seu home, vivindo solo pro seu fillo e
traballando como unha negra.
Como o cuñado mais novo tiña pouco tempo, e
de pequeno xa o puxeran na escola, determinou mandalo á Lugo pra que
estudease pra crego, tendo mentras de que, s'ela morria, convíñalle ó
[p. 21]
seu fillo que lle quedase un tio
crego qu'o cuidase.
O rapaz, asi que llo propuxeron, púxose tan
ledo como un cuco. Tiña dazesete anos, y-entre seguir fozando na terra,
y-estudiar nada menos que pra crego, que é todo o millor que se ve pola
aldea, a eleución non é dudosa.
Así é que no pirmeiro mercado foron á Lugo
á mercar pano daciucheno pra facerlle unhos calzóns, chaleco é
chaqueta e poñelo limpo, pra que poidese andar pol a vila com'os demais
estudiantes.
Axustáronlle unha pousada, en donde, por dez
pesos tiña que darlle a ama, durante os oito meses do curso habitaceón,
cama con xergón, unha taza de caldo o xantar e outra á cea, e todo o
demais serviceo que percisase.
E unha mañá do mes de Setembre, saiu pra
Lugo acabalo d'unha besta, co'as alforxas atacadas de pan centeo, xamón
e touciño, que, con pouca diferencea, é no que consiste a carabela dos
estudiantes pra cregos.
A maor parte dos curas empezan á estudear, sin
refreusionar antes si teñen ou non vocaceón pra carreira que van á
seguir.
Cuasque sempre son fillos de labradores, que
non poden darlles outra carreira millor, quero decir, que poucas veces
son os pais ricos, porque n-este caso, casi nunca chegan á cregos sinon
que teñan verdadeira vocaceòn.
A verdá é que se necesita haber probado das
cruenzas que ten o traballo diario d'un labrego, pra comprender como hay
tanto crego por esos curatos das aldeas. Porque si é de estudiantes,
téñense que contentar co pan de centeo, mais ou menos duro, c-o a
carne de cocho, a manteiga y os ovos que lles manden da casa, porque as
cadelas casi sempre andan pol-as nubes; n-unha palabra, d'estudiantes
teñen mais privaciós que
[p. 22]
diversiós, e dempois que chegan á
cregos, non està seguro de levar os millores curatos o que mais
estudiou, sinon o que mais amigos ten.
Un crego n-aldea ten que facer de médeco e
d'abogado moitas veces. Non hay preito, nin discordea, que non tratase
d'arregrar o crego, antes d'ir parar á xusticia. Esto dalles moito
valemento, y-o aldeano considerao mais por esto que pol-o que lle
predica os dias de festa na misa, sobre todo cando cadra que non
enseñan co exempro as predicazainas que votan. Pro é necesario saber a
neve que pisan, á lama qu'esmagan y-a chuvia, o vento e o frío
qu'aguantan durante estes crus invernos que temos en Galicia, pra
comprender a forza de voluntá y a resignaceón que se necesita pra ser
cura d'aldea.
Pero ós dazesete anos, Perucho qu'asi se
chamaba o tio de Mingas, non se Il'acordaba nada d'esto, e por eso
camiñaba tan ledo pra Lugo, quizabes pensando en chegar á ser un siñor
Obispo. |